Novo local
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
O pasado 4 de outubro, e cunha destacadísima presenza de socias, socios e simpatizantes, no Ateneo Atlántico fixemos a presentación de actividades da nova tempada 2022-23. A gala celebrouse no noso novo local, na rúa Dr. Cadaval 17 (antigo espazo Cubo), e comezou ás 20 horas.
cinemAnteneo Convocatoria aberta da Comisión de cinema Mércores 13 de outubro 18 horas Espazo Cubo Estimadas persoas que conformades o Ateneo Atlántico de Vigo e compartides a paixón polo cinema: Acabamos de pasar unha dura etapa que nos impedía as reunións e o contacto persoal directo e durante a cal, desde a comisión de Cinema…
O Ateneo Atlántico está de volta Programación do último cuadrimestre No camiño de volta á normalidade, o Ateneo Atlántico quere sumar o seu esforzo á recuperación do pulso cultural da nosa cidade. A Xunta Directiva séntese forte e moi ilusionada con este novo capítulo da nosa historia e quere transmitir as súas sensacións ao colectivo…
Comunicado do Ateneo Atlántico Vigo, 8 de maio de 2020 A Xunta Directiva do Ateneo Atlántico na súa última sesión celebrada telematicamente, acordou trasladar ás persoas asociadas e ao conxunto da sociedade viguesa as informacións que detallamos a continuación. Dende o pasado 20 de abril o Ateneo de Vigo, despois de suspender a programación presencial…
Comunicado da Xunta Directiva Antes de nada vaia por diante o noso sentido desexo de que todas e cada un vos atopedes co mellor dos ánimos e gozando dese ben tan prezado que é a saúde. Dito o anterior, e pasada unha primeira fase de “parálise vírica”, dicirvos que o Ateneo Atlántico retoma a actividade….
Co comenzo do ano novo, voltamos a retomar as nosas actividades con folgos renovados, e interesantes propostas das que queremos que sexades participes. O acto máis próximo vai ser unha Proxección + Debate co-organizado coa Asociación “Dereito a Morrer Dignamente” de Galicia, o día 16 de Xaneiro nos Multicines Norte, ás 20:00h. Miguel Mora, médico…
Fiel aos seus principios fundacionais, e pasada a paréntese do verán, o Ateneo Atlántico volve á palestra da actualidade viguesa disposto a se consolidar coma un referente de todo o que por aquí se move. Deste xeito, e como primeiro avance, presentamos unha boa presa de actividades, unhas, xa pechadas, e outras en avanzada vía…
O pasado seis de outubro, no auditorio do Marco, vía a luz o Ateneo Atlántico. Concretábase así o proxecto dun puño de viguesas que levaban, xa, varios meses de xuntanzas tentando concretar as posibilidades de materialización, non se sabe moi ben de que, se dunha difusa ilusión ou dun soño. Hoxe, o Ateneo Atlántico é…