O Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e co patrocinio do grupo S. A. Eduardo Vieira e Bodegas Terras Gauda, convocan a terceira edición do Certame Literario Exeria de relato curto. O prazo para a recepción de orixinais (inéditos e non premiados) irá dende o 1 de marzo ata o 10 de maio de 2023. As bases completas están publicadas en ateneoaltantico.gal
Bases completas da convoctoria da 3ª edición do certame Exeria
- O premio Exeria está convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación Xoán Piñeiro co patrocinio do grupo S. A. Eduardo Vieira e Bodegas Terras Gauda.
- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado.
- O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título.
Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo. - Os relatos axustaranse ao tema xenérico: A ría, aperta de sal.
- Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais:
- 1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.
- Accésit de 500 euros.
- Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico:
- exeria@ateneoatlantico.gal
- No asunto do correo figurará o lema Certame Exeria 2023.
- Ao correo xuntaranse dous documentos: o primeiro, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora.
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
- O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2023.
- O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polos dous gañadores do Premio Exeria do ano 2022, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. Ofrecerase aos patrocinadores a posibilidade de designar unha persoa por cada entidade. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto.
- O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño.
- A resolución do xurado será inapelable.
- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso de participar como xurado no 2024. Vigo, 1 de marzo de 2023.