Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.

Nesta imaxe podemos ver a Xunta Directiva en plena faena de mudanza.
O novo local podemos ofertalo grazas ao acordo asinado co café Vitruvia, que vén de inaugurar, tamén, o seu novísimo espazo nas instalacións do vello Aero Club de Vigo, nos baixos da rúa Reconquista 7.

Este é o espazo central, onde realizaremos as nosas actividades; coincide co marco que será das actividades musicais ás que Vitruvia nos ten afeitos.

Outra vista da fantástica rehabilitación do recuncho dedicado a café.

Deixamos este mapa para orientarnos un chisco.
Agardamos que o cambio sexa para ben e que todas poidamos gozar desta nova opción que nos ofrece o Ateneo Atlántico.
