O Ateneo Atlántico de VIgo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro, e co patrocinio de Eduardo Vieira S.A. e Terras Gauda, convocan a quinta edición do Certame Exeria de relato curto. Os escritos, orixinais, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo na cabeza’ e axustaranse as bases que figuran a continuación.

Bases da quinta edición do Certame Exeria de relato curto, 2025
- Ábrese o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 1 de maio.
- Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha de estar escrito en lingua galega e sen axuda da IA.
- O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos os espazos e o título.
- O lema será VIGO NA CABEZA.
- Establecerase un único premio de 1.500 euros, suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
- Os relatos enviaranse ao enderezo do seguinte correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal
- No asunto do correo figurará Certame Exeria 2025
- Adxuntaranse dous documentos:
- O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación.
- O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor ou autora e o número de teléfono).
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
- O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado polas persoas gañadoras do Premio Exeria 2024, ademais da designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sen voto.
- 9.- As narracións premiadas en varios anos poderán ser publicadas en edición non venal polas entidades promotoras.
- O ditame do xurado e a entrega do premio terá lugar na primeira quincena do mes de xuño.
- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso da persoa gañadora de ser parte do xurado do próximo ano.
Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro
Vigo, a 1 de marzo de 2025