Acta do xurado do Premio Exeria 2025

Sendo as 17 horas e 35 minutos do día 30 de maio reúnese o xurado do quinto Premio Exeria formado por:

Xavier Queipo, presidente
Helena Pousa Ortega, pola Fudación Xoán Piñeiro
Xabier Paz Canalejo, polo Ateneo Atlántico
Fran Fernández Davila, gañador da cuarta edición
Soledad García Riveiro, finalista da cuarta edición
Fernando Fernández González, secretario con voz pero sen voto.

Despois dunha longa deliberación debida á alta participación (39 relatos) o xurado elixe por maioría o relato denominado 99.98 Considerando gañador pola fluidez nas súas partes e cunha arquitectura ben montada. O relato transita entre a realidade soñada e ficción vivida, entre o plano onírico e o plano real; con Vigo como motivo central, pois non podería terse desenvolvido noutro lugar.

Reclámase a presenza de Ignacio Pérez Méndez que custodia as plicas. Unha vez aberta en presenza do xurado resulta gañador Marcos López Concepción.

Péchase a sesión ás 20 horas.
O secretario

Fernando Fernández.