Vídeo, íntegro, do acto de homenaxe a Xosé Manuel Beiras organizado polo Ateneo Atlántico e celebrado o 25 de abril de 2023.
Nel vemos pasar a Tomás Camacho coa súa guitarrista, a Laura Caveiro exercendo de condutora do acto, a Pepe Cáccamo recitando, a Antón Beiras lembrando as festas dos Manolos, a Martiño Noriega actualizando o perfil político de Beiras, Xina Vega, eloxiando o seu labor de escritor, a un Ánxel Huete que nos descubre a versión artística de Xosé Manuel, Silverio Rivas, Fernán-Vello, Pepe Carreiro, Oriana Méndez, Luísa Abad…

Vídeo con obras de artistas galegos e galegas producido polo Ateneo Atlántico para agasallar a Xosé Manuel Beiras no día da homenaxe que lle dedicamos.

Vídeo elaborado polo noso compañeiro Nacho Pérez para proxectar ao final da homenaxe a Xosé Manuel Beiras para pechar o acto, neste 25 de abril de 2023, cantando o Grândola