Comunicado do Ateneo Atlántico

Vigo, 8 de maio de 2020
A Xunta Directiva do
Ateneo Atlántico na súa última sesión celebrada telematicamente,
acordou trasladar ás persoas asociadas e ao conxunto da sociedade
viguesa as informacións que detallamos a continuación.
Dende o pasado 20 de abril
o Ateneo de Vigo, despois de suspender a programación presencial por
mor do confinamento, vén de retomar a súa actividade axeitándoa á
nova realidade e centrándose na modalidade telemática.
As actividades que estamos
a desenvolver no momento actual son:
  • Elaboración
    dun “boletín semanal” que sirva de cos nosas afiliadas e
    simpatizantes; este Boletín conta coa información das actividades
    e curso e a posibilidade de recollida de suxestións.
  • Continuar coa
    programación do Club de Lectura organizada polo “literAteneo”.
    • A pasada
      semana analizouse o libro “
      Seique
      coa participación da súa autora Susana Sánchez Aríns tendo un
      importante seguimento nas redes.
    • O próximo
      libro elixido para compartir é “
      Patagonia
      Express
      ” de Luis Sepúlveda.
  • Xogos
    literarios semanais. O primeiro, ata o 7 de maio, baixo a modalidade
    de “Refachos”; tratábase de crear variacións a partir dun
    poema previamente escollido.
    • O próximo
      xogo xirará arredor da realización de “Microrelatos”.
    • O terceiro,
      aínda en fase de preparación, será sobre a forma de expresión
      poética do “Haiku”. Neste caso programaremos un par de sesións
      online para que un especialista nos fale de que son e de como
      elaborar Haikus.
    • Como elemento
      motivador, este xogos están dotados cun recoñecemento semanal de
      50 euros para gastar nunha libraría da nosa cidade.
    • As bases, así
      como a concreción de diversos aspectos, explicítanse no Blog do
      Ateneo Atlántico ( ateneoatlantico.gal ).
    • No blog tamén
      se poden ler as colaboracións que imos recibindo.
  • Decidimos abrir
    o noso Blog como Pública Galería das creación artísticas que se
    producen na nosa cidade durante o confinamento e que as autoras
    teñan a ben compartilas: imaxes, reflexións, música, vídeos,
    poemas, críticas, pinturas, libros, conferencias, recomendacións…
    • Para acceder á
      publicación de achegas hai que remitilas ao enderezo de correo
      creado especificamente para esta ocasión: ateneonacasa@mail.com
  • Continuar coas
    sesións do Cineclub organizado polo “cinemAteneo”: previa
    visualización da película seleccionada, o coloquio será a través
    das nosas redes sociais e en aberto.
  • Instaurar os
    que demos en chamar
    Martes do Ateneo.
    Serán conferencias online que, na medida do posíbel, terán un
    compoñente interactivo:
    • Martes 12 de
      maio ás 18h: “Gloria e dor do libro galego”: unha reflexión
      sobre a situación do mundo editorial en Galicia. Para este acto
      contaremos coa participación de Fran Alonso (Xerais), Malores
      Villanueva (Galaxia) e Moisés Barcia (Rinoceronte).
    • O martes 19 de
      maio, ás 18h, falaremos da gripe española de 1918 na área de
      Vigo. Contaremos coa colaboración do presidente do Instituto de
      estudos vigueses, X. Carlos Abad e do investigador Xosé Luis
      Mateo, membro tamén do citado Instituto.
    • Martes 26 de
      maio ás 18h: Continuando co ciclo “As novas masculinidades”,
      charla con Jorge G. Marín, coordinada por Luisa Abad, baixo o
      título “Por que é tan difícil que os homes cambien?”
Para conmemorar as Letras Galegas 2020, dadas as especiais características do momento, e co título “E logo…, ti de quen vés sendo?”, o Ateneo Atlántico de Vigo inicia unha campaña para escoller os 10 libros da Literatura Galega que máis gustaron aos lectores e lectoras. Información ampliada, así como formulario de participación, no blog do Ateneo (ateneoatlantico.gal)

Noutra eido, acordouse,
tamén, o deseño e desenvolvemento doutras dúas liñas de actuación
a través das opcións que ofrece Internet: “Falar de Vigo /
Historias da cidade” (conversas con distintas persoas da cidade
sobre acontecementos escasamente coñecidos) e “Viaxar sen saír da
casa” (percorridos virtuais da man de expertos a lugares de Galicia
e Portugal para profundar nos seus aspectos culturais e sociolóxicos
máis interesantes).
Asemade, acordouse a
suspensión do cobro das cotas aos socios mentres non se volva ao
funcionamento habitual de actividades presenciais e o orzamento do
Ateneo o permita.
Por último decidimos
facer pública a nosa inquedanza pola grave situación que atravesa a
sociedade no ámbito Cultural considerado no seu máis amplo
concepto.