Mirando polos letreiros

Do letreiro vigues gardado en Segovia e outras novas da nosa campaña.

  O noso apartado das boas prácticas ven de recoller unha singular aportación. Ricardo Alonso, desde Segovia conta a viaxe dun letreiro que en tempos estivo na rúa Real. Podes ler toda a información aquí Tamén Julio Alonso, colaborador de vigoe.es, aporta a foto do Café Chinto da rúa Areal e comenta a nosa campaña…

Letreiros, Letreiros

NOVAS: Recomendamos a lectura de “Balaustres da memoria” de Manuel Bragado no que aparecen referencias aos letreiros A campaña “Mirando polos letreiros” ten unha páxina específica.  Iremos publicando aquí tódalas aportacións. Este é o enlace Aqui deixamos unha reportaxe do programa ZIGZAG da TVG sobre a Axencia de protección gráfica (A Coruña) Esta é outra…

|

Consideracións acerca de “Mirar Letreiros”

 O socio número 95 do Ateneo Atlántico, MAMG, envíanos esta interesante reflexión arredor da campaña “Mirar letreiros”. Consideracións acerca do exercicio «Mirar Letreiros» MAMG Do Ateneo Atlántico recibín uns documentos acerca do que neles se chama patrimonio gráfico, que representan todo un pranxido elexíaco en memoria deses fitos urbáns que, por razóns amiúde neboentas e…

Mirando polos letreiros

    Non fai falla peitear canas para decatarse que o crecemento das cidades non é nada respectuoso coas cousas de onte. E así vemos como desaparecen obxectos que durante un tempo foron parte das vidas dos noso barrios. Os letreiros que reclamaron a nosa atención e orientaron os nosos pasos, desaparecen co peche dos establecementos ou institucións que…

Material da campaña “Mirando polos letreiros”

En 2003, a Unesco celebrou a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, que recoñecía oficialmente os «usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas – xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles son inherentes – que as comunidades, grupos e, nalgúns casos, individuos recoñecen como parte integrante do seu patrimonio cultural”. O salto…