O Ateneo colabora con “IMPULSA: encontro de Redes Galegas e Lusófonas de Cinema”

O Ateneo Atlántico colabora nesta 2ª edición de IMPULSA: encontro de Redes Galegas e Lusófonas de Cinema, que se celebrará o 21 de outubro de 2026 ás 17.30 h. na EMAO.

2026-10-20 Impulsa

Impulsa Cine 2026 celébrase en Vigo e é un espazo de debate, formación e cooperación audiovisual. Ten como obxectivos e temática: 1) Conexión atlántica: Reúne a profesionais de Galicia, Brasil e Mozambique,2) Repensar as periferias: Analiza o papel dos territorios periféricos na creación artística e as políticas culturais, e 3) Industrias creativas: Busca crear redes de colaboración e identificar oportunidades no sector audiovisual.

A xornada precede e dá paso ao festival PONTES – Semana do Cinema Galego e Portugués, que ten lugar do 22 ao 24 de outubro de 2026 no Museo MARCO e nos Multicines Norte.

Documento: Nota de prensa IMPULSA