Convocatoria aberta da Comisión de cinema
Mércores 13 de outubro 18 horas Espazo Cubo
Estimadas
persoas que conformades o Ateneo Atlántico de Vigo e compartides a
paixón polo cinema:
Acabamos
de pasar unha dura etapa que nos impedía as reunións e o contacto
persoal directo e durante a cal, desde a comisión de Cinema
intentamos que no se perdera ese vínculo do que xuntos viñamos
gozando.
Nin
que dicir ten que atopar unha alternativa a nosa actividade cinéfila
nese contexto foi un dos retos más difíciles de acadar. Pese a iso,
fixemos todo o esforzo posible por manter ese fío malia que o
resultado non sempre se correspondeu co esforzo que realizamos.
Tivemos
que crear un formato novo para o que, en xeral, non estabamos
preparados e ademais, faltábanos o intercambio de criterios con
todos vós e a calor da vosa presenza.
Escollemos
para a primeira actividade de cinema o tema da vivenda, porque o
confinamento fíxonos tomar conciencia do resultado das políticas de
deseño e habitabilidade tanto nas vivendas como nos espazos
públicos.
A
seguinte elección, “O Gran Manipulador”, pareceunos que aportaba
unha radiografía de como podemos ser vítimas da des-información, a
información interesada, e como se manexa a política entre
bastidores. Por último, escollemos unha película de “anime”,
para cambiar de estilo e dar a coñecer outro tipo de cinema que,
aínda que emprega uns recursos artísticos distintos, pode
transmitir unha mensaxe consistente.
Agora
que se albisca volta aos encontros presenciais e contamos coa
reapertura dos Cines Norte, temos programada a próxima actividade
para o día 10 de novembro: a estrea de “Bily” na devandita sala,
como viña sendo habitual.
Pero
dado o tempo transcorrido sen que tivésemos un intercambio
presencial sobre a nosa paixón,, o cine, pensamos que é necesario
que todas as persoas ateneístas que a compartimos, debemos ter unha
reunión para intercambiar opinións e para iso,
acordamos un encontro para o próximo mércores día 13 de outubro ás 18 horas
no espazo CUBO.
Queremos
coñecer as vosas propostas para as actividades da Comisión de
Cinema nesta nova etapa, os cambios e suxestións que pensades que
sería interesante implementar; en definitiva, cales son os vosos
intereses e criterios con respecto ao cine e como poderiamos enfocar
a programación para logralos.
Por
outra parte, interésanos que vos animedes a incorporar novos
membros á Comisión de Cinema. Así que, xa sabedes, agardámosvos,
cheos de ideas novas e recibirémosvos con ilusión e agarimo.