Ateneo na casa
Achegas durante os confinamentos
Microrrelatos
“A onde van os pensamentos cando non pensamos neles?“
De pensamentos
Onde van os pensamentos cando non pensamos neles? Mais de un me diría ante esta pregunta que non amolara ou que fora coa música a outra parte.
Para a maioría da xente non é doado pensar, sobre todo se o pensamento é de índole metafísico. Sen embargo eu apúntome axiña a calquera cuestión filosófica ou na que haxa que cavilar. Sendo moi pequena, sentábame no berce e quedaba alí moi quietiña, mirando. Eu creo que xa ensaiaba para pensadora.
Pero, onde van os pensamentos se non os estamos pensando?
A min paréceme que non van a ningún lado, quedan aí coma posibilidade, agardando unha próxima vez para saíren a escena, son pensamentos en potencia, dispostos a volver en calquera momento e reclamar o papel principal que lles corresponde, pois o fin e o cabo eles sábense creadores da realidade.
Mellor será aprender a convocalos para que docemente me vaian levando cara o camiño que me espera.
Niños
—¿A donde van los pensamientos cuando no pensamos en ellos?
—¡Que pregunta hijo! No se van a ningún lado. Siempre están en la cabeza.
—¿Por qué no los escuchamos cuando dormimos?
—Es que no hablan con palabras como nosotros.
—Mamá, yo creo que cuando no pensamos están en otro sitio con sus amigos. Tendrán bosques para pasear. Y bicicletas, patinetes y…
—¡Calla tonto! No son reales como una pelota o un niño.
—¡Sí son de verdad, mamá! Cuando pienso en pegar a Jorge porque me da patadas. Eso es verdadero.
—Pero tú no piensas en pegar a Jorge. Ya sois amigos.
—¿Dónde se ha ido mi pensamiento malo?
—Está contigo pero no lo oyes.
—Seguro que los pensamientos viven en otro país. Los malos en una ciudad y los buenos en otra. Viajan a las cabezas y entonces pensamos. Y cuando no, vuelven a sus casas.
—Anda, vete a jugar ¿Ahora que te pasa? ¿Por qué lloras?
— Pienso que mis pensamientos no tienen mama. Están solitos en sus casas.
Y me da mucha pena…
El niño llora por la orfandad de los pensamientos. La madre no puede consolarle. No existen palabras para nombrar los miedos más profundos.
Últimos días do verán
“Onde van os pensamentos cando non pensamos neles?” Escoita un intre a letra desa canción. A radio prendida mentres fai o prato preferido da filla.
Qué cousas teñen estos compositores e poetas. Cun rápido xesto da man espanta esa idea da cabeza. Mais e ben sabido que, basta que non queiras, para que se aferren e non marchen.
Espera que o atopen rico porque non lembra as cantidades exactas da receita orixinal. Ten unha libreta vermella, de tapas duras, agasaio da súa irmá Ada. Sente magoa e non se decide a estreala. É tan fermosa.
Lembrando de novo aqueles tempos, e as ausencias. Se poidera lanzar lonxe o pasado e vivir de cheo o agora.
Olores ca reconfortan. Remexe os cubos de xeo no café. E se fai polos de sabores? Fresas para os pensamentos doces. Limón cos máis amargos. Basta xa de guerras que non acontecerán. Basta xa de loitar contra o inevitable, a inxustiza, os medos. Levaos ó fondo do arcón conxelador. Seica serán o remate ideal para o xantar. Son unha familia de larpeiros.
Quizais ou talvez
¿Onde van os pensamentos cando non pensamos neles? Fíxenme hoxe esa pregunta, de primeiras non tiña resposta, quedeime pensando, chegoume a noite, nese momento de confidencias, pensei…
A moitos deles lles digo adeus. Cando non se poden cambiar e mellor deixalos marchar.
Outros… teñen un recanto especial no meu corazón, eses son coma as estrelas, cando elas queren saen, unhas dan unha luz fermosa e outras teñen ese fogo intenso dos sentimentos apaixonados .
Temos un universo de posibilidades no noso interior, con constelacións, planetas e meteoritos.
Podemos padecelos, xestionalos ou destruílos. O que teño seguro é que todo pensamento meu e meu. Podo compartilos ou telos pechados, como o maior segredo, como o maior tesouro.
E o universo é infinito.
¿Que podo ser?… ¿Que quero ser? “IMAXINA”
Podo soñar neles, podo voar, cumprir o desexo que so o xenio da lámpada me daría…
Cando chegou o dia, os pensamentos… ¿Onde foran? Deixeinos no planeta Xúpiter, deixeinos en Marte… pero quedeime con un, deixei ese pensamento puro neste planeta chamado terra, no que ti estás. Ti es o meu pensamento e os meus pensamentos están sempre xunto a ti.
Onde van?
Onde van? Pero, onde carallo van?
Si, xa sei que, comparado con outros, este misterio non é vital nin trascendente, que non se aborda nas sesudas tertulias televisivas, mais recoñezo que a min tenme sorbido o coco. Non o podo remediar. E o caso é que pensei que só me pasaba a min e que a culpa era do meu home, que non puña coidado, pero, quiá!, tamén lles pasa ás miñas amigas e isto non pode ser casualidade.ÇChegados aquí, e como non son moi dada a crer en conspiracións paranoicas, decidín investigar a fondo o asunto antes de que a miña saúde mental se deteriorara aínda máis. De paso, se lograba o meu obxectivo, estaba segura de que o meu labor sería recoñecido. Xa me vía na portada do Faro, aclamada por ter resolto o misterio; mesmo poderían nomearme viguesa distinguida (algunha coñezo con menos méritos).
Ao longo das seguintes semanas executei o rigoroso plan de vixianza e control que deseñara e asegúrovos que o fixen a conciencia. Pero, nada. Os malditos semellaban bulrarse de min. Esgotada, rendínme. Debo confesar o meu fracaso.
Sigo sen saber onde van os calcetíns que se perden na lavadora!!!
Agobiada polo virus (e pola coroa).