Novo local
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
O pasado venres 31 de xaneiro, a Federación Galega de Ateneos reuníuse en Vigo para celebrar a súa xuntanza anual. Asistiron representantes dos sete ateneos que forman a Federación: o Ateneo Santa Cecilia de Marín, o Ateneo de Moaña, o Ateneo de Ourense, o Ateneo de Pontevedra, o Ateneo de Santiago e, actuando como anfitrión o Ateneo Atlántico de Vigo.
Vigo, 21 de setembro de 2020 Benqueridas amigas e amigos. A piques de entrar en outubro, e contra virus e marés, o Ateneo Atlántico quere retomar a súa actividade en prol da cultura e a reflexión compartida na cidade de Vigo. Os tempos mandan, e toca reinventarse. Non vai ser doado, enfrontarémonos a unha actividade…
Ateneístas! O vindeiro venres, na presentación no Marco (lembrade, 19.30h.) repartiremos os carnés de soci@s do Ateneo. Ademais doutras vantaxes que iremos xestionando e informando, o carné permitirá unha redución de 0,5€ nos cines Norte na súa programación xeral de luns a venres. Non faltes e anima a outra xente a asociarse e participar.
Nun primeiro embrión estamos no núcleo fundacional do Ateneo Atlántico: Anxo Cabada Álvarez (Presidente) Dori Castro Soliño (Secretaria) Emilio Fernández Zunzunegui (Tesoureiro) Manuel Forcadela Ana Fresco X. Carlos López Bernárdez Marta Mariño Lucio Martínez Pereda José Luis Mateo Álvarez (Vicepresidente) Nacho Pérez Méndez Marta Souto María Xosé Porteiro Anímate! Mándanos a túa solicitude de adhesión…