Saúdo de Madres de Plaza de Mayo
En datas recentes a nosa presidenta, Luísa Abad, xunto con outras destacadas compañeiras do Ateneo (María Xosé Porteito, Mari Sueiro…) fixeron unha visita a Arxentina. Alí, En Bos Aires, tiveron a oportunidade de saudar ás nais de Praza de Maio. A súa presidenta, Carmen Arias, envía un caloroso saúdo a toda a familia que formamos parte do Ateneo Atlántico.