O Ateneo Atlántico de VIgo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro, e co patrocinio de Eduardo Vieira S.A. e Terras Gauda, convocan a cuarta edición do Certame Exeria de relato curto. Os escritos, orixinais, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo, aldea de noso’ e axustaranse as bases que figuran a continuación.
Bases da cuarta edición do Certame Exeria de relato curto, 2004
- 1. O Premio Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación XoánPiñeiro abre o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 10 de maio.
- 2. Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega.
- 3. O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos os espazos e o título.
- 4. O tema versará sobre “Vigo, aldea de noso”.
- 5. Estableceranse dous premios suxeitos ás correspondentes retencións fiscais.
- Primeiro premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.
- Accésit: 500 euros.
- 6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico exeria@ateneoatlantico.gal
- No asunto do correo figurará Certame Exeria 2024
- 7. Adxuntaranse dous documentos:
- O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación.
- O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor ou autora e o número do seu teléfono.)
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
- 8. O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado ademais polos dous gañadores do Premio Exeria 2023, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sin voto.
- 9. O ditame do xurado e a entrega dos premios terá lugar na primeira semana do mes de xuño.
- 10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso dos gañadores de ser parte do xurado do certame do próximo ano.
- Convocan: Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro.
- Patrocinan: Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.