Acta da reunión do xurado do premio EXERIA convocado polo Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro

O 19 de maio do 2021 ás 20 horas no Cubo, sede do Ateneo, reúnese o xurado do premio EXERIA, formado por: Ramón Blanco, Ofelia Dorado e Fernando García, escollidos ao chou entre as persoas asociadas ao Ateneo; Xesús Vázquez, pola Fundación Xoán Piñeiro; Xosé Carlos L. Bernárdez, polo Ateneo Atlántico (ausente por enfermidade, manda os seus votos ao whatsApp do grupo). Luisa Abad, como secretaria do Ateneo, con voz pero sen voto.

Comezamos polo premio en poesía, pasamos a unha primeira votación en que cada quen escolle as cinco que máis lle gustaron. Nesta primeira aproximación acadan:

Tres votos: Pequeno mergullo olívico, O tabú e Agasallando ledicia

Dous votos: Andando devagar, Cabalos petando nas portas, O segredo na pedra, Arte Gaia e Agonía no peirao.

Un voto: A saudade dos bañistas, Sobrevivir, Oliveira, Pincel da nenez e Performance.

Centrámonos nos poemas que acadaron tres votos. Facemos unha lectura de cada un deles en alta voz e nunha segunda votación a poesía gañadora é Agasallando ledicia con 4 votos.
Pequeno mergullo 1 voto.
O tabú.

Pasamos a continuación aos microrrelatos. Na primeira votación acadan:

Tres votos: Dous vellos con boina negra, Dúas mozas

Dous votos: O capitán Nemo na illa loubada, Territorio Freak, Monumento á muller, De Bouzas a Vigo.

Un voto: O sentimento que nos une, Meu pequeniño, Entre equinocios e solsticios, Urbanízate, paseando por Vigo, Microrrelato da geisha, Dende as alturas, Cabalos á fuga, A miña decisión, O recuncho mironiano.

Centrándonos nos dous máis votados, que pasamos a ler, facemos unha segunda votación na que gaña por unanimidade con catro votos

Dúas mozas

Resultando finalista: Dous vellos con boina negra.

Rematamos sesión ás 21 horas

Con posterioridade, na primeira xuntanza da directiva do Ateneo o luns 24 de maio, procédese á apertura das plicas para coñecérmonos o nome das persoas gañadoras, resultando ser:

POESÍA

Primeiro premio: Azucena Arias, autora dos poemas que quedaron en primeiro e segundo lugar Agasallando ledicia e Pequeno mergullo.

Finalista: Adela Pintado, autora do que quedou en terceiro lugar: O tabú

MICRORRELATO

Primeiro premio: Nones Araujo, autora de Dúas mozas

Finalista: Andreia Costas, autora de Dous vellos con boina negra

Dou fe da veracidade das deliberacións do xurado e das votacións efectuadas.

Asinado, a secretaria do Ateneo Atlántico e do xurado: Luisa Abad