Presentamos o vídeo elaborado polo Ateneo Atlántico para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024.
Un pouco en oposición á propia idea de “Día das Letras Galegas”, pretendemos destacar a idea de coidar da Lingua Galega os 365 días do ano, e, para isto, e máis alá de que o galego sexa a lingua vehicular do Ateneo, facemos un breve percorrido polas actividades desenvolvidas ao longo do último ano que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver coa lingua e a cultura galegas.