Certame Exeria de relatos breves
2ª edición, maio 2022
Acta do Xurado

Sendo as 19.30 horas do día 8 de xuño de 2022 reúnese o xurado do 2º premio Exeria formado por:

  • Rexina Rodríguez Vega, presidenta da xurado.

  • Xosé G. Barral Sánchez, polo Ateneo Atlántico.

  • Helena Pousa Ortega, pola Fundación Xoán Piñeiro.

  • Azucena Arias Fernández, gañadora da 1ª edición do certame, na súa modalidade de poesía.

  • Nones Araújo Fernández, gañadora da 1ª edición do certame, modalidade relato curto.

  • Luisa Abad Abad, Secretaria, con voz e sen voto.

Unha vez realizadas as pertinentes deliberacións, e por unanimidade, o xurado decide outorgar o primeiro premio do 2º Certame Exeria ao orixinal titulado “Meditacións”, valorando de xeito especial os riscos de humor que caracterizan o relato, a súa estrutura equilibrada e o final sorprendente.

No tocante ao accésit, o orixinal premiado é o titulado “Nocturno de Vigo”, valorando, neste caso, o xeito en que está artellado o relato, o feito de ter unha voz propia e o uso da linguaxe de forma precisa.

O xurado fará entrega do resultado do fallo á persoa responsable da custodia dos documentos para que abra as plicas correspondentes e proceda a comunicar o resultado aos premiados premiadas.

Péchase a sesión sendo as 20.30 horas.

A Secretaria, Luisa Abad Abad

Nota

 Unha vez abertas as plicas, os relatos gañadores resultan ser

  • Gañador: Meditacións, de Xosé Alfredo Naz
  • Finalista: Nocturno de Vigo, de Alberte Momán

O Ateneo Atlántico felicita aos gañadores e agradece a todos os autores e autoras a súa participación.