Cargando eventos

« Todos os eventos

Un gran persoeiro esquecido. El peculiar Charfolé. Enrique Jorge Montenegro Rúa

10 Decembro / 19:00 – 21:00

Presentación do libro “El peculiar Charfolé. Recuperando la figura, los hechos y la época de un ser entrañable” de Enrique Jorge Montenegro Rúa publicado por Ondina Ediciones. Quen? No acto estará presente Enrique Montenegro (autor) e Cesar cunqueiro (presentador). Cando? Xoves 10 de decembro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo).

2026-12-12 Persoeiro 1600x900
A obra

Nas páxinas do peculiar Charfolé, Enrique Jorge Montenegro Rúa recupera a memoria dun personaxe moi coñecido e querido na súa época, pero que as vicisitudes históricas lastraron ao esquecemento.

Xornalista, avogado, catedrático de latín e político, participou en moitos dos eventos máis significativos da súa época. Como mestre, no seu paso polo Instituto de Lugo, tivo alumnos que se consagrarán nas súas respectivas profesións, como Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole ou Ramón Carnicer.

Charfolé destacou no seu labor xornalístico, sobre todo nel Ideal Gallego, sendo destinado a Madrid como correspondente e cronista parlamentario. Dous anos máis tarde, regresou á Coruña despois de ser nomeado subdirector do xornal. Participou en moitos dos importantes acontecementos acaecidos en Galicia na súa época.

Problemas de saúde por mor do clima lucense leváronlle ao Instituto de Logroño en 1928, pasando logo a Cádiz. Tras a proclamación de la II República, animouse a participar en política como concelleiro do Concello, ata o seu inesperado falecemento, en 1932, durante unha breve estancia en Madrid.

Fonte: Ondina Ediciones

O autor. Enrique Jorge Montenegro Rúa

Enrique Montenegro e doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e licenciado en Xeografía e Historia pola UNED (2000), combina a súa traxectoria humanística cunha sólida carreira profesional como técnico informático funcionario do Estado desde 1986 no Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Esta faceta técnica completouna cos seus estudos iniciais de informática en Vigo (1984) e o Máster Universitario en Sistemas Informáticos y Redes pola Universidade de Alcalá de Henares (2010).

No eido da investigación e da xestión cultural, participou en escavacións e iniciativas centradas na cultura hispanorromana e destacou pola súa intensa vinculación co Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga —especialmente entre 1997 e 2008 como Secretario e Vicepresidente da súa Xunta Directiva—, contribuíndo tanto ao traballo de campo como á divulgación mediante o boletín Croa e a revista dixital e-Castrexo.

A partir de 2004 focalizou gran parte da súa produción científica no monumento de Santa Eulalia de Bóveda (Lugo), tema do que asinou monografías, artigos e relatorios en foros especializados e que constitúe o eixo da súa tese doutoral —pendente de iniciar a súa publicación—, na que defende a súa interpretación como un sepulcro monumental romano de iniciados dionisíacos.

Fonte: Biblioteca Virtual Egeria

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map