CabeceiraFotoCíes

Ateneo na casa
Achegas durante os confinamentos

Haikus

1 La mañana

La niebla, densa.
Silencio en la ventana.
Sábanas blancas.

2 Despertares

Radio encendida.
Voces en la cocina.
Escalibada.

3

Cerdeira sen flor
Merlos cantando ó sol
E ti no balcón.

4

O mar sen vento vai espido
—–
Leva o mar os vestidos
que lle pon o vento.
—–
Leva o mar as efémeras roupas
que o vento lle agasalla.
——
A tempestade é un agasallo
do vento que o mar
nas ocasións veste.

5 Nin tan sequera haikus

É paternal a Luz
aloumiñando tenra
todas as criaturas,

43

é maternal a Terra
a soster sen cansar
canto pousa nela,

44

é impúdica a Auga
expoñendo a escuma
encerrada no líquido,

45

é solidario o Viño
revelando alegría
que levamos pechada,

46

é divino o Lume
destrutor impasíbel
de todo canto toca,

47

é xenerosa a Guerra
incansábel motor
a soerguer emporios,
é infeliz o Sangue
co seu ferro dos astros
tan propensa ao derrame.

6

O río ferve
namorado do mar.
A foz os xungue.

7

Aí o vén
o verán cobizado.
Que será del!

8

Escoita o chío:
di que medran os días;
as noites calan.

9

Tanto lle ten
ver o vento pasar.
A chuvia manda.

10

Polas estradas
a natureza morta
sacrifícase.

11

Balde na area
e xogos de nenos na
desescalada.

12

Berra a labrega
ao carneiro testudo.
Anti-natura.

13

Abalo do mar.
Cadáver de gaivota,
Danza macabra.

14

Ofelia na foz.
Algas pardas e verdes
aboian sen luz.

15

Bico laranxa
en plumaxe acibeche.
O gato á espreita.

16

Fenda na rocha.
Corpo espido de muller,
analoxías.

17

Pan con tomiño
e unhas pingas de aceite.
Abrente oriental.

18 Pesadilla

hombres de trapo
guadañas en la noche
a quién buscáis?

19 teorema del cisne

la belleza del cisne
es inversamente proporcional
a la probabilidad del poema

20 nocturnalia

no queiras de la luz
igual que las nocturnas mariposas
sino abrasarte

21

alén das tebras
do escuro corazón
a túa luz sempre

22

muda campana
calendario sin tiempo
confinamiento

23

cauce sin río
cometas sin viento
mundo vacío

24

hojas caídas
vivo el pensamiento
todo fue dicho

25

espejo sin tí
tu voz el silencio
aislamiento

26 Alemaña

¡¡Adeus rapaz!!
Véxote en Alemaña
estráñame

27 Eclipse

No eclipse
O sol e a lúa namóranse
Nun segundo

28 Horizonte

Nun horizonte
Vese a posta do sol
Chegada da noite

29 Lirio

Lirio dos vales
So ti naces na sombra
Créaste ti mesmo

30 Murmuro

Murmuro de gotas
Vese o arco da vella
As cores do sol

31 Noite

Na noite espida
Nun suspiro da vella
Final da vida

32 Sacha e sacha

sacha e sacha
¿por que sacha Felisa?
veñen de Vigo

33

Bebo auga na sonora fonte
Estreliñas de cores dentro de min
É primavera

34

Asubiei ó lonxe na montaña
o son desapareceu no vento
Anoitece no val

35

Crepita na noite o lume
chama viva
Aínda é tempo de soñar

36

Había un campo verde
na súa mirada
arredor un suspiro do vento

37

Notas de vento
Versos de mar e nubes
Cantigas vivas

38

Cen días sen sol
Nas xanelas cancións
Sen choros me vou

39

Os poemigas
Sen ti xa non son nada
Son pan sen miga

40

Chegan voando
As andoriñas ó mar
Onde estás ti?

41

Branco de neve
Nos teus pétalos de flor
Gardenia meu sol

42

Sobre a mesa
Sombreiro de cereixas
Bicos de presa