Presentación Todo chega desde o mar
O día 30 de setembro conmemoramos o 50 aniversario da folga do 1972 en Vigo.
Esta folga paralizou máis de dez días a nosa cidade nun claro desafío á ditadura.
O libro que hoxe presentamos de Santiago Ferragud, Todo chega desde o mar, está articulado a raíz deste acontecemento histórico.
O antropólogo e historiador Xoán Carlos Abad fixo unha análise do libro e do momento histórico.
Luísa Abad entrevistou ao autor preguntándolle sobre diferentes aspectos do mesmo.
O público encheu o local da EMAO neste primeiro acto do curso 2022-2023