clubDeLectura
-
-
Club de Lectura. Xina Vega
O día 4 de Outubro de 2023 xuntámonos 13 persoas, no noso espazo, para iniciar unha nova tempada do Clube de Lectura con folgos renovados e con ansias contidas e efervescentes. Convocounos un desacougante libro de Rexina Vega, “Ninguén dorme”, que nos visitará en próximas datas para intercambiar impresións con nós.
-
-
-
Club de lectura. Miguelanxo Prado
O día 7 de Xuño de 2023 xuntámonos 19 persoas, no Espazo Cubo, para despedir o ano do noso benquerido Club de Lectura. Desta volta acompañounos un magnífico cómic de Miguelanxo Prado, “Ardalén”, que meritou no 2013, O Premio Nacional de Cómic.
-
-
Club de lectura. Memorias de Leticia Valle
O día 3 de Maio de 2023 reunímonos 15 persoas, no Espazo Cubo, para afondar ao redor de “Memorias de Leticia Valle” de Rosa Chacel.
-
-
Club de lectura. O muiñeiro ouveador
O 12 de abril de 2023 reunímonos 22 persoas do club de lectura para debater sobre O muiñeiro ouveador de Arto Paasilinna. Tivo moi boa aceptación, pareceunos unha sátira moi lograda que denuncia a sociedade actual, en especial ás autoridades que a gobernan e algunha das institucións, en especial aos manicomios, a policía e a banca.
-
Club de lectura. Os seres queridos
O día 1 de marzo de 2023, reunímonos once persoas do club de lectura do Ateneo Atlántico para analizar o libro Os seres queridos, de Berta Dávila. Acreedor do Premio Xerais 2021, trata da maternidade dun xeito non convencional, non estereotipada.
