
clubDeLectura

Club de lectura. O muiñeiro ouveador
O 12 de abril de 2023 reunímonos 22 persoas do club de lectura para debater sobre O muiñeiro ouveador de Arto Paasilinna. Tivo moi boa aceptación, pareceunos unha sátira moi lograda que denuncia a sociedade actual, en especial ás autoridades que a gobernan e algunha das institucións, en especial aos manicomios, a policía e a banca.
Club de lectura. Os seres queridos
O día 1 de marzo de 2023, reunímonos once persoas do club de lectura do Ateneo Atlántico para analizar o libro Os seres queridos, de Berta Dávila. Acreedor do Premio Xerais 2021, trata da maternidade dun xeito non convencional, non estereotipada.

Club de lectura. José Saramago
Co gallo do centenario do nacemento de José Saramago, o Premio Nobel portugués, o club de lectura do Ateneo Atlántico rendeulle a súa particular homenaxe coa lectura do libro Todos os nomes.


Club de Lectura. Enma Pedreira
O día 11 de xaneiro de 2023 puidemos ter con nós a Emma Pedreira despois de adiar por dúas veces a cita. Ante 26 persoas que asistimos á sesión, a autora coa súa voz suave e cálida, foinos aclarando dúbidas, contando anécdotas e debullando aspectos do seu proceso creativo.
Encontro con Olga Novo
O pasado mércores, 4 de xaneiro de 2023, a poeta Olga Novo pasou polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico.
