- This event has passed.
Club de Lectura. Xina Vega
4 Outubro 2023 / 18:30 – 20:00
O libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do verán é Ninguén Dorme, da escritora afincada en Vigo, Xina Vega. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de outubro, ás 18.30 horas.
Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo, o corpo como prisión, como condena. A imposible comunicación, a mentira da parella, os medos, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil, a muller, o inmigrante… Este é un relato alucinado, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos, levalos ao extremo, volvelos insoportables. Sordidez e poesía, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille, Kafka, Lorca, Koltés, Volodine, Jelinek, Liddell, Perec, Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Pimentel, Novoneyra… Detrás, o desexo de nomear o escurecido, unha voz que despeza o corpo.
(Texto da ficha na web da editorial Laiovento).
Rexina (Xina) Vega (Vigo,1966) é amiga e colaboradora habitual do Ateneo Atlántico. Doutora en Filoloxía románica, é profesora universitaria e investigadora. Como escritoracéntrase basicamente na narrativa e no ensaio; acadou o Premio Xerais de 2007 coa súa obra Cardume. Ten actuado como crítica literaria e colaboradora en Praza.gal, A nosa terra, Grial…