O pasado 17 de xaneiro, no Club de lectura, estivo con nós Yolanda Castaño (Premio nacional de poesía), para compartir o seu poemario Materia.
Nun acto ateigado de incondicionais da figura da nosa poeta, Yolanda comentou para nós moitos dos pormenores da súa poesía e leu para nós varios poemas de Materia.
O acto resultou fantástico.
Podedes velo integramente na nosa canle de Youtube.
Deixámosvos, tamén, a reseña do acto no Faro de Vigo na edición impresa do 18.
“Hai días de luxo para a cultura na cidade de Vigo e onte foi un deles coa presenza de Yolanda Castaño, a autora galega que gañou o pasado ano o Premio Nacional de Poesía con “Materia”, no que explora a súa postura fronte á maternidade, na renuncia voluntaria a ela, así como os alicerces familiares. A obra comentárona onte no clube de lectura do Ateneo Atlántico que se desenvolveu na EMAO”.