Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Club de lectura. Decembro

13 Decembro 2023 / 18:30 20:30

O libro elixido para a sesión de decembro do Club de lectura do Ateneo Atlántico é As mellores tendas de Madrid, de Manuel Veiga Taboada. A xuntanza para comentar o libro terá lugar o mércores 13 de decembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo.

2023-12-13 ClubLectura Manuel Veiga
As mellores tendas de Madrid

Edicións Xerais, 2021, Colección Narrativa.
«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria deste, Vanessa (con dous eses); e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras, pero nalgunha delas, talvez en Mónica, habita unha certa rebeldía. Manuel Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía. (Da ficha do libro en Edicións Xerais)

Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Da ficha do autor en Edicións Xerais)

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto