- This event has passed.
Club de lectura. Maio
7 Xuño 2023 / 18:30 – 20:30
O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 7 de xuño) é unha banda deseñada: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo. (Da ficha na páxina da editorial).
«Ardalén» é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode sonar filosófico pero, á fin, trátase dun puño de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para tentar evitar o naufraxio. (Do propio autor, na súa páxina web).
Publicada orixinalmente en 2012 por El patito feo en galego e por Norma Editorial en cstelán, esta magnífica novela gráfica foi premiada no 31 Salón Internacional del Cómic de Barcelona como mellor obra de autor español; pola súa banda, o Ministerio de Cultura de España galardonouna co Premio Nacional do Cómic 2013.