San Meteoro. CdeL decembro
As 17 persoas asistentes compartimos opinións bastante semellantes na media hora previa á cita con JOSIÑO ARAÚJO, autor de San Meteorito, obxecto do Club de Lectura do Ateneo Atlántico neste mes de decembro.
As 17 persoas asistentes compartimos opinións bastante semellantes na media hora previa á cita con JOSIÑO ARAÚJO, autor de San Meteorito, obxecto do Club de Lectura do Ateneo Atlántico neste mes de decembro.
O sábado 8 de novembro de 2025, arrancamos cara a Allariz con 35 persoas e 2 máis que se unirían ao chegarmos ao destino. Incialmente había 43 persoas inscritas pero hai 6 que, por diversas causas, son baixa. Guiadas por Manuel Gallego da cooperativa Xeitura, visitamos a aldea de Santa Mariña, a igrexa románica e…
Asistimos trece persoas para comentarmos a novela da premio Camoes Paulina Chiziane, Niketche, uma história de poligamia.
Sorprendeu a claridade e sinxeleza do texto en portugués que se deixa ler sen atrancos.
Foi unánime a consideración do libro como unha obra de grande interese, tanto polo tema polo estilo da escritora.
Vídeo do acto no que, co nome ‘Ler a cidade para comprendela’, o arquitecto Salvador Fraga nos falou da cidade de Vigo e do seu urbanismo. O acto tivo lugar no salón VItruvia o mércores 15 de outubro.
Presentou Teruca Conde Pumpido.
En datas recentes a nosa presidenta, Luísa Abad, xunto con outras destacadas compañeiras do Ateneo (María Xosé Porteito, Mari Sueiro…) fixeron unha visita a Arxentina. Alí, En Bos Aires, tiveron a oportunidade de saudar ás nais de Praza de Maio. A súa presidenta, Carmen Arias, envía un caloroso saúdo a toda a familia que formamos parte do Ateneo Atlántico.
Reproducimos a continuación o artigo ‘Vigo Ateneístico’ escrito por Manolo Bragado para o Faro de Vigo do 7 de outubro, tralo seu recoñecemento como Socio de Honra do Ateneo Atlántico e que se pode ler, tamén no seu espazo Brétemas.gal
Primeira reunión do club de lectura no novo espazo Vitruvia, cunha asistencia de vinte persoas, para comentar a lectura de La península de las casas vacías, de David Uclés.
Deixámosvos o vídeo do acto de presentación do libro El regreso de China, do que autor Albino Prada. Participaron, ademais do autor, Rosa Pascual e Emilio Zunzunegui.
Presentamos o vídeo gravado no acto de homenaxe a Manolo Bragado no que foi recibido como socio de honra do Ateneo Atlántico. O acto tivo lugar no salón Vitruvia o pasado 23 de setembro e contou coa participación de María Jesús Bragado, Jacobo Buceta, Ledicia Costas, Xosé María Palmeiro e Amada Traba. A actuación musical correu a cargo de Nausica.
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.