Memoria gráfica do noroeste a través dos rótulos tradicionais
Jorge Lens
Xoves 4 de marzo, 19 horas
Aula D (rúa Elduayen 36)
Nas últimas semanas, o Ateneo Atlántico está a desenvolver o programa Mirando polos letreiros.
Trátase dunha iniciativa para poñer en valor os carteis e rótulos dos comercios e locais da nosa cidade.
Neste contexto xorde esta actividade que o propio relator, Jorge Lens, titulou Memoria gráfica do noroeste a través dos rótulos tradicionais.
A actividade desenvolverase o xoves 4 de marzo, ás 19 horas, no espazo Aula D (rúa Elduayen 36, acceso polas escaleiras).
O aforo do local é de 30 persoas.
Nesta ocasión, e para manter todas as garantías de seguridade sanitaria, temos decidido que a presenza no acto sexa con solicitude previa a través dun correo ao noso enderezo electrónico:
ateneoatlantico@gmail.com
No correo faranse constar o nome da persoa solicitante e o número de prazas que reserva.
Jorge Lens.
Vigo, 1967
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola
Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidad de Vigo, onde
imparte docencia nas materias de técnica fotográfica e teoría da imaxe.
Nos seus inicios combinou o seu traballo no xornal La Voz de Galicia coa fotografía
de autor, participando en numerosas exposicións en España e fóra das nosas
fronteiras, como Populorum Progressio (Fotobienal de Vigo, 1994), Galicia en Foco
(Ferrol, 1994, 1995, 1996, 1997 y 1998), O Feito Fotográfico (Museo MARCO,
2004), Miradas y Visiones en el Canal de Isabel II (Madrid, 1994), Spanish Vision, en
el Spanish Institute (New York, 1992) e a mostra individual City Blues, la ciudad
habitada, que está itinerando polos Centros Culturais de España en Latinoamérica.
Interesado sempre pola fotografía de autor vinculada aos espazos urbanos,
Jorge Lens segue a compaxinar este traballo persoal coa súa responsabilidade como
profesor na Universidade de Vigo, ao tempo que colabora tamén noutros
proxectos sempre relacionados coa fotografía.
Jorge Lens ten un traballo fotográfico completo baixo o título Tipografía regional Galicia, Rótulos tradicionales del comercio de la provincia de Pontevedra que sobreviven a la globalización comercial e inmobiliaria.
Tipografía regional pode visitarse neste enlace
Ademais, podemos coñecer o seu traballo artístico na súa web persoal.