A memoria comercial de Vigo
Reportaxe do Faro de Vigo sobre Mirando polos letreiros
Mar Mato
O Ateneo Atlántico compila os tesouros gráficos
cos que se anunciaban tendas e negocios da cidade.
Mercedes Aguilera amosa algúns dos letreiros da fachada da
antiga xoiería Arousa en Príncipe
(foto Pablo Hernández)
As outras xoias esquecidas de Vigo
Vigo|13·07·21|04:01
Mar Mato
Un proxecto cidadán cataloga 200 letreiros comerciais
na cidade e lanza un SOS para salvar os que están en
perigo e musealizarlos como sinal de identidade olívica
En Madrid, un colectivo de voluntarios rescata letreiros comerciais abandonados.
“Conseguiron unha nave e están a gardalos nela. A nosa idea é que algún organismo en Vigo ou Galicia se faga cargo dunha mostra representativa dos carteis ou letreiros de negocios ou empresas en Vigo coa fin de que a cidadanía poida contemplalos e ver como foi evolucionando a historia comercial da cidade no último século“, explica o ex-profesor Luis Otero, do Ateneo Atlántico.
Esta entidade encóntrase desenvolvendo unha campaña de posta en valor do patrimonio gráfico: “Mirando polos letreiros”.
Tras unha primeira fase de recompilación de imaxes e documentación, agora poñen en marcha a segunda: convencer a algunha institución –especialmente, ao Concello de Vigo– para que “lidere un sistema de recuperación y almacenamento de tesouros do patrimonio gráfico que se están a perder a diario”.
Entre estas marabillas, que moitas veces pasan desapercibidas ante o deambular urxente, figura por exemplo o cartel aéreo e rosa do Camaleón en Samil cuxo futuro debuxa unha incógnita ante o inminente derrubamento.
Para concienciar da importancia deste legado que fuxe entre as areas do reloxo, o Ateneo creou unha páxina web (https://sites.google.com/view/mirando-polosletreiros/inicio).
Nela, amósanse os 200 carteis que se catalogaron ata agora. Outros cen están pendentes de análise para decidir a súa inclusión. O traballo ten sido capitaneado polo profesor xa xubilado Luis Otero que recibiu a axuda de decenas de veciños e veciñas que enviaron as súas achegas por mail ou directamente vía móbil.
A maiores, a web recolle tamén o proxecto “Tipografía rexional” de Jorge Lens no que o fotógrafo e profesor de Belas Artes mostra 286 fotos que se fixan na tipografía empregada nos carteis de tendas e industrias de Galicia e Portugal entre os que figuran o de La Metalúrgica, Pacheco, Mantequeras Arjeriz ou Alfageme.
Outro exemplo de colaboración é o de Mercedes Aguilera, unha xubilada residente en Vigo pero oriúnda de Silleda. En Valadares, garda un dos carteis icónicos do século XX: o da xoiería Arosa en Príncipe. Esta muller recorda como á súa chegada a Vigo nos años 70 para estudar Secretariado gustáballe entrar en dita xoiería. De feito, garda con meco un reloxo comprado alí.
Mercedes sentía “pena”. Era un local que mimaba os detalles: veludo no interior dos escaparates e andeis de madeira cun papel que sinalaba que se pintaran en 1953. “Dábanme ganas de chorar –recorda– ao pensar que desaparecería. Compreillo por 25.000 pesetas. Pasou o tempo e o proxecto da galería non seguiu adiante; trouxen todo para aquí (Valadares)” onde conserva as letras metálicas de
AROSA, os dragóns –que non sabe exactamente en que estancia da vivenda están– que aparecían na fachada e os motivos vexetais en madeira á espera de que algún día volvan lucir nun museo ou exposición.
As boas prácticas de FARO DE VIGO
A web “Mirando polos letreiros” reserva un espazo para “Boas prácticas” con firmas que conservaron letreiros. É o caso de Faro de Vigo cos seus 28 murais de azulexos.
Un dos murais de azulexos que conserva o Faro de Vigo, Augas de Verín FDV
A exemplar xoiería Ramón Fernández
Mentres a maioría de carteis desaparecen, outros resisten. É o exemplo da xoiería Ramón Fernández. Os seus letreiros teñen un século.
O emblema da fachada da xoiería Ramón Fernández, fornecedor da Casa Real
A esperanza nas novas xeracións
O taller Ramón, na rúa do Pino, renovou o seu cartel exterior. O antigo foi gardado no interior. É outro exemplo de boas prácticas na cidade.
O taller mecánico “Ramón”, en rúa do Pino