- Este evento pasou.
cinemAteneo. Adiós
22 Outubro / 19:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico presenta o filme Adiós do realizador cubano Yoel Cano, protagonizado por Orisel Gaspar, que estará presente na proxección. Será o mércores 22 de outubro, a partir das 19.30 horas, no espazo Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7)

Adiós
Trátase do segundo filme da triloxía de Joel Cano. Adiós é a segunda parte de Siete días siete noches, gañadora de varios premios, entre os que cómpre destacar o Globo de Ouro (Montgolfière d’or) na 25 edición do Festival des 3 Continents.
Adiós, cun presuposto total de 10.000 euros, rodouse en diferentes localizacións entre 2002 e 2004, maioritariamente en Cuba, pero tamén en Francia e Vigo (Casco Vello, Chapela, Camposancos…)
O filme non ten guión impreso, senón que foi transmitido aos dous protagonistas principais de xeito oral, polo director Joel Cano. Como técnica cinematográfica destaca o plano e o contraplano, ademais dos planos xerais e dos vídeos filmados polos dous personaxes protagonistas.
Joel Cano
Joel Cano Obregón (1966, Cuba) é un dramaturgo, director de cine, novelista e compositor musical de orixe cubano e residente en Francia. É licenciado en Teatroloxía e dramaturxia pola Universidad das Artes da Habana. A súa traxectoria é ben coñecida, e recoñecida en Cuba, coa publicación e posta en escea de diversas pezas teatrais como Time Ball, Fallen Angels, Fábula de un país de cera, Fábula del insomnio, Fábula de nunca acabar, Fábula verde, Los aretes que le faltan a la luna.
As súas obras teñen sido editadas en numerosas antoloxías e levadas á escena en diversas ocasións por compañías cubanas.
Internacionalmente foi coñecido pola súa primeira película, Siete días siete noches, gañadora do Globo de Ouro (Montgolfière d’Or) no Festival dos 3 Continentes, en Nantes, Francia, en 2003.
Orisel Gaspar
Orisel Gaspar (1968, Cuba) é Licenciada en Artes Escénicas (Universidad de las Artes Instituto Superior de Artes (ISA). Ciudad Habana, Cuba 1985/90)
Actriz, guionista, profesora de Interpretación, profesora de Oratoria, reside entre Galicia, A Habana e Santa Clara.
Cunha ampla carreira como actriz (audiovisual e teatro) e creadora, e autora de proxectos como Boberías, Apertas, ou o Proyecto Nosotros. Como actriz participou en longametraxes como As mortes (Cristóbal Arteaga, Galicia, 2015) ou El triste olor de la carne (Galicia, 2013); en televisión participou en series como Pazo de familia (TVG, 2014).
Entre as súas curtametraxes cómpre destacar a súa actuación como protagonista nas laureadas El segundo amanecer de la ceguera (Mario Franco, España, 2008) ou Noche Vieja (Joaquín Matamala, ESAC, 2013).
O filme Siete días siete noches (Joel Cano, Cuba, 2001), do que é actriz protagonista, xa foi presentado neste cinemAteneo en 2023. É tamén moi fructífera a súa carreira como actriz de teatro.

