Segunda nota de prensa do acto de presentación do Ateneo Atlántico.
Enviado hoxe a diferentes medios de comunicación.
NACE
O ATENEO ATLÁNTICO DE VIGO
Unha
proposta transversal, reflexiva e crítica sobre a cidade
Vigo,
5 de outubro de 2017.
O
Ateneo Atlántico de Vigo preséntase o venres 6 de outubro nun acto
que terá lugar no Museo de Arte Contemporánea a partir das 19.30 h.
Nace por iniciativa dun grupo de persoas procedentes dun amplo abano
profesional, social, cultural e ideolóxico, para crear un espazo de
promoción, impulso e divulgación de temas relacionados con todas as
áreas do coñecemento.
O
presidente é o fotógrafo Anxo Cabada e entre os seus fundadores
figuran persoas vinculadas á cultura, como o escritor Manuel
Forcadela, a xornalista María Xosé Porteiro, ao sindicalismo, como
Emilio Fernández Zunzunegui, ao esino como Ana Fresco, Xosé Carlos
López Bernardez, Nacho Pérez, ou a investigación e dinamización
lingüistica como Marta Souto.
No
seu manifesto fundacional comprométense a favorecer a análise, o
debate e a investigación, desde un punto de vista plural,
independente e que resulte de proveito para as persoas interesadas en
calquera faceta do saber e comprometidas o desenvolvemento cultural.
A presentación faráse no Museo de
Arte Contemporánea, a partir das 19:30 h. do venres 6 de outubro,
nun acto no que se proxectarán dous videoclips da realizadora Area
Erina, daráse conta dos obxectivos do Ateneno e se avanzarán
próximas actuacións. Intervirán nesta presentación Anxo Cabada,
Morris Durán, Xina Vega, Ana Fresco, Emilio Zunzunegui, Antón
Bouza, Marta Souto, Victoria Besada, Xosé Luis Mateo, Iria Sobrino,
e máis o grupo de Jazz do conservatorio de Vigo, Yep.
ateneoatlantico@gmail.com

Información sobre o grupo Yep (Conservatorio de Vigo): Sergio de
Miguel (Piano), Raul Cameselle (batería), Pedro Villanueva
(clarinete)
https://www.youtube.com/watch?v=tkHrjCvfjDs