O
Ateneo Atlántico inicia as súas actividades cun debate sobre o
MARCO
Vigo,
22 de outubro.
O
mércores 25 de outubro, chega a primeira actividade do Ateneo
Atlántico, cun novo formato que denominan estado da cuestión,
neste caso adicado á
situación actual e futura do museo de arte contemporánea (MARCO).
Comezará ás 19:30 na biblioteca da Escola Municipal de Artes e
Oficios (EMAO). A fórmula elixida simultánea exposicións de
persoas coñecedoras da temática a tratar, desde puntos de vista
diferentes, nos chamados relatorios, para os que será preciso terse
inscrito previamente no blog do Ateneo, cun debate amplo e
participativo co público asistente. A única limitación ven marcada
polo aforo da sala, que nesta ocasión ten cabida para noventa
persoas, e un tempo máximo de dúas horas.
O
acto será presentado e moderado por Carlos L. Bernárdez. Aos
relatorios, cunha duración inicial de 5 minutos das persoas
inscritas previamente, seguirán un debate entre elas e outro co
público asistente. No remate far
ase
un resumo das achegas que se publicarán no blog do Ateneo
(www.ateneoatlantico.blogspot.com).
Co obxecto de que podan intervir inicialmente un número amplo de
persoas, quen estiveron interesados tiveron de comunicarse por correo
electrónico co Ateneo*, identificándose e aportando a información
precisa establecida pola organización do evento. A problemática
actual e futura do museo, o seu financiamento ou a selección da
dirección do centro, serán elementos do debate.
O
presentador e moderador do estado da cuestión do Marco,
Carlos López Bernárdez, un dos creadores do Ateneo, valora esta
iniciativa como “necesaria dentro do debate que hai na cidade
sobre o modelo cultural, o uso dos espazos e a preocupación sobre o
futuro do Marco, unha institución relevante nos contextos local e
galego”.
O
Ateneo manifesta a súa intención de que este primeiro
estado
da cuestión

dea paso a sucesivos encontros arredor dos contedores culturais da
cidade, seguindo a mesma fórmula participativa, a fin de facer unha
análise inédita ata hoxe do uso, necesidades e posibilidades dos
equipamentos culturais en Vigo.



Para
máis información ou entrevistas
Carlos López Berna, 657690263,
cberna@edu.xunta.es,
en horario de 11:30 a 12 de mañán e polas tardes a calquera hora.
Inscricións: enviando un correo a ateneoatlantico@gmail.com
ata as 12:00 horas do día 24 de outubro, onde figurarán,
necesariamente, os seguintes apartados:
Asunto:
ATENEO INSCRICIÓN DEBATE MARCO
Corpo
da mensaxe:

Nome e apelidos

Breve resume do contido da intervención que fará inicialmente

Breve presentación persoal
O
Ateneo Atlántico propón que as intervencións xiren ao redor dos
seguintes aspectos:
O
proxecto actual do MARCO e futuro do proxecto
Xestión
e financiamento
Selección
da dirección do MARCO
A
entrada ao acto, dada a limitación do aforo, terá a seguinte orde
de preferencia:
  • Persoas
    inscritas para intervir nos apartados 1 e 2
  • Socios/as
    do Ateneo Atlántico
     
  • Público
    en xeral