O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a súa primeira publicación.
Trátase de facer públicos todos os relatos gañadores do certame Exeria ata o momento.
A edición, non venal, é do propio Ateneo e a nosa intención é darlle a máxima difusión posible.
O libro ten un par de problemiñas de impresión que quedan solucionados na verxión dixital; ademais da autoría do debuxo da portada, que é do compañeiro Luis Otero, e de prestar a atención que merece á Fundación Xoán Piñeiro, a edición dixital compleméntase coa publicación das actas dos xurados de cada unha das edicións. A continuación deixamos os enlaces para ler o libro en liña ou para descargalo en diversos formatos.
Ademais, nos seguintes enlaces podes acceder directamente a todos os textos premiados ao longo das catro edicións que abarca a publicación, desde 2021 ata 2024.
- Vigo, Agasallando ledicia visual, de Azucena Arias, 1º premio de poesía 2021
- O tabú, de Adela Pintado, Finalista de poesía 2021
- Dúas mozas, de Nones Araújo, 1º premio de relatos 2021
- Dous vellos con boina negra, de Andreia Costas, Finalista de relatos 2021
- Meditacións, de Alfredo Naz, 1º premio 2022
- Nocturno de Vigo, de Alberte Momán, Finalista 2021
- Lugar fermoso, de Lois Alcayde, 1º premio 2023
- Nó de mariñeiro, de Pablo Nogueira, Finalista 2023
- O derradeiro alento do boi, de Fran Fernández Davila, 1º premio 2024
- Unha aldea de luz, de Soledad García Riveiro, Finalista 2024