Homenaxe a XM Beiras
Vídeo, íntegro, do acto de homenaxe a Xosé Manuel Beiras organizado polo Ateneo Atlántico e celebrado o 25 de abril de 2023.
Vídeo, íntegro, do acto de homenaxe a Xosé Manuel Beiras organizado polo Ateneo Atlántico e celebrado o 25 de abril de 2023.
Nunha sala ateigada de público, o profesor Burghard Baltruzch desenvolveu para as persoas asistentes un espléndido relato sobre José Saramago, entre o poético e o político. Foi presentado polo profesor Félix Caballero.
O 12 de abril de 2023 reunímonos 22 persoas do club de lectura para debater sobre O muiñeiro ouveador de Arto Paasilinna. Tivo moi boa aceptación, pareceunos unha sátira moi lograda que denuncia a sociedade actual, en especial ás autoridades que a gobernan e algunha das institucións, en especial aos manicomios, a policía e a banca.
O pasado 13 de abril celebramos as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do Ateneo Atlántico. Na Ordinaria fíxose balance das actividade do ano e se presentaron e aprobaron as contas anuais.
Na Asemblea Extraordinaria procedeuse á votación da nova Xunta Directiva que estará presidida por Luísa Abad.
O mércores 29 de marzo o periodista Fernando Franco participou na nosa sección “Unha película con”, do cinemAteneo. Ante unha numerosa presenza dun público entregado presentou a película Río de Sombras e configurou a súa propia película a través das lembranzas cinematográficas.
A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 13 de abril ás 20 horas, no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2023. Convoca, tamén, e a continuación, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva
O acto, enmarcado no contexto do 8 de marzo, desenvolveuse o xoves 9 de marzo na bliblioteca da EMAO. Helga Pita Romero conversou con Amada Traba sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual.
O día 1 de marzo de 2023, reunímonos once persoas do club de lectura do Ateneo Atlántico para analizar o libro Os seres queridos, de Berta Dávila. Acreedor do Premio Xerais 2021, trata da maternidade dun xeito non convencional, non estereotipada.
O pasado martes 28 de febreiro tivemos unha nova cita co cine.
Dentro do modelo que temos chamado Unha película con, tivemos a sorte de contar coa presenza do actor e escritor Manolo Romón que compartiu con nós o seu cine favorito.
A película que vimos, proposta por Manolo, foi A pirámide humana, de Jean Rouch.
Saída a Guimarães o sábado 11 de febreiro de 2023