Club de lectura, Tirano Banderas
O día 8 de Novembro de 2023 estivemos 18 persoas, no noso espazo, para dar boa conta de “Tirano Banderas. Novela de tierra caliente”, de Valle-Inclán. Obra escrita en 1926, editada en América con moitos atrancos.
O día 8 de Novembro de 2023 estivemos 18 persoas, no noso espazo, para dar boa conta de “Tirano Banderas. Novela de tierra caliente”, de Valle-Inclán. Obra escrita en 1926, editada en América con moitos atrancos.
O xoves 24 de outubro, na Casa Galega da Cultura, e para conmemorar o Centenario do Celta, Manolo Bragado e Jacobo Buceta fixeron memoria para nós dunha fermosa selección de lembranzas da súa relación co clube de fútbol que os vigueses e viguesas levamos no corazón.
O día 4 de Outubro de 2023 xuntámonos 13 persoas, no noso espazo, para iniciar unha nova tempada do Clube de Lectura con folgos renovados e con ansias contidas e efervescentes. Convocounos un desacougante libro de Rexina Vega, “Ninguén dorme”, que nos visitará en próximas datas para intercambiar impresións con nós.
O día 13 de xuño de 2023 realizamos o acto de entrega dos premios Exeria na súa terceira edición nunha sala ateigada de público. Nesta ocasión o tema central era ‘A ría, aperta de sal’, e o gañador foi Lois Alcayde, co seu relato Lugar fermoso; mentres, o finalista foi Pablo Nogueira con Nó de mariñeiro
O día 7 de Xuño de 2023 xuntámonos 19 persoas, no Espazo Cubo, para despedir o ano do noso benquerido Club de Lectura. Desta volta acompañounos un magnífico cómic de Miguelanxo Prado, “Ardalén”, que meritou no 2013, O Premio Nacional de Cómic.
O pasado xoves 25 de maio tivo lugar a primeira edición do roteiro Entre esculturas; esta actividade, organzinada polo Anteneo Atlántico, o Instituto de estudos vigueses e a Fundación Xoán Piñeiro, tiña como obxecto poñer en valor o patrimonio de esculturas da nosa cidade. Esta primeira saída foi arredor da praza de As Travesas.
Na tarde do 30 de maio Priscila Retamozo e Cristina Louzán, e co título xenérico ‘De aquelas loitas, estes dereitos, falaron amplamente da historia do feminismo.
O sábado 27 de maio de 2023 fixemos anosa saída de primavera, nesta ocasión, coa intención de seguir Os camiños de Rosalía. Ademais dos espazos rosalianos, comemos no Fogar do Santiso e pola tarde visitamos as fervenzas de Barosa e a adega Moraima.
O mércores 24 de maio, nun local totalmente ateigado, Magis Zunzunegui presentonunos unha das súas películas de cabeceira, a premiada Lèolo, do director canadense Jean-Claude Lauzon.
Parce que moi je rêve, moi je ne suis pas (porque soño, eu non estou).
O día 3 de Maio de 2023 reunímonos 15 persoas, no Espazo Cubo, para afondar ao redor de “Memorias de Leticia Valle” de Rosa Chacel.