Club de lectura febreiro

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de febreiro é Ninguén queda, do vilalbés Brais Lamela. Publicado por Euseino? editores (Vigo, 2022), o libro foi Premio da Crítica en narrativa galega (2022), e Premio Ollo crítico de narrativa (2023). A xuntanza terá lugar o 6 de marzo, ás 18.30 horas, na sede do Ateneo.

cinemAteneo. Nación

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta a película documental Nación, da directora galega Margarita Ledo. Será o luns 11 de marzo, ás 19.30 horas nos Multicines Norte. Para comentar a película contamos coa súa directora e como moderadora actuará Puri Silva.

O sexo non é o xénero

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 12 de marzo, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é "O sexo non é o xénero".

Recital poético a Cabeleira

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

“A cabeleira (Fragmentos)” é un poema de Claudio Rodríguez Fer que foi traducido a setenta idiomas. O Ateneo presenta un recital poético arredor de A Cabeleira. Contaremos co autor, Claudio...

Unha peli con… Roi Cagiao

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Dentro do marco da proposta do cinemAteneo 'Unha peli con...', o convidado para participar o vindeiro 19 de marzo é o director Roi Cagiao (Vigo 1972, 2017). Roi proponnos compartir a película 'Operación Ogro' (Gillo Pontecorvo, 1979). A proxección, co correspondente coloquio, terá lugar o martes 19 de marzo, no espazo Ateneo, a partir das 19.15 horas.

Merendola feminista

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Baixo o título xenérico de Merendolas feministas, o Ateneo Atlántico inaugura un novo modelo de actividade participativa. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Para esta primeira ocasión pensamos falar arredor da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! Será o mércores 20 de marzo, a partir das 19.30 no local do Ateneo.

Club de lectura marzo

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril, ás 18.30 horas, no espazo Ateneo.

Presentación libro, As escumas da letra

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo de Vigo presenta o libro As escumas da letra, Biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas 24, Luisa Villalta. Terá lugar o mércores 9 de abril, a partir das 19.30 horas, na EMAO.