Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

O sexo non é o xénero

12 Marzo / 19:30 21:00

O martes 12 de marzo, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é “O sexo non é o xénero”.

2024-03-12 SexoNonXenero

Manuel Fernández Blanco é psicoanalista, membro da Escola Lacaniana de Psicanálise e da Asociación Mundial de Psicanálise, e psicólogo clínico. É o Director da Clínica do Campo Freudiano en A Coruña (destinada a posibilitar un tratamento psicanalítico a persoas con escasos recursos económicos), e docente do Instituto do Campo Freudiano. Foi presidente da Escola Lacaniana de Psicanálise, Secretario do Bureau da Asociación Mundial de Psicanálise, e membro do Consello da Escola Europea de Psicanálise. Traballou, durante 34 anos, no Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. É autor do libro La repetición como concepto fundamental del Psicoanálisis e de numerosas publicacións no ámbito da Psicanálise e da Saúde Mental. Colabora na Sección de Opinión do diario La Voz de Galicia baixo o título Los síntomas de la civilización.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map