- This event has passed.
Presentación libro, As escumas da letra
9 Abril / 19:30 – 21:00
O Ateneo de Vigo presenta o libro As escumas da letra, Biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas 24, Luisa Villalta. Terá lugar o mércores 9 de abril, a partir das 19.30 horas, na EMAO.
O acto estará presente a autora do libro, Esperanza Mariño Dávila (Santiago, 1963, Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa; ensaísta e tradutora galega, profesora de instituto xubilada) e Estella Maris González Balbuena (Vigo, Licenciada en Filoloxía Francesa, poeta, profesora de instituto xubilada), que actuará como presentadora.
Sobre o libro. “A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria”. (Da ficha do libro en Baía Edicións).