Loading Events

« All Events

Club lectura Jon Fosse

8 Xaneiro 2025 / 18:30 21:00

2025-01-08 ClubLecturaJonFosse

O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de decembro é Trilogía, do premio Nobel danés Jon Fose. A xuntanza terá lugar o mércores 8 de xaneiro, a partir das 18.30 horas, no Espazo Ateneo. Para esta xuntanza contaremos coa presenza de Silvia Bardelás e Beatriz González, editoras de Jon Fosse en España.

Jon Fosse

Jon Olav Fosse, (Noruega, 1959, é escritor, dramaturgo e tradutor. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 2023 “pola súa prosa innovadora e por dar voz ao que non se pode dicir”.
A obra de Fosse consta de máis de setenta novelas, poemas, libros infantís, ensaios e pezas teatrais, que foron traducidas a máis de cincuenta linguas. Trátase do dramaturgo noruegués máis interpretado despois de Henrik Ibsen, e un dos autores máis interpretados na actualidade a nivel internacional. Os seus traballos minimalistas e introspectivos, cunha linguaxe próxima á prosa lírica e á poesía, constitúen unha continuación da tradición dramática establecida polo propio Ibsen no século XIX. Fosse adoita ser incluído no movemento do teatro posdramático, namentres moitas da súas novelas foron descritas como posmodernas e de vangarda, en virtude do seu minimalismo, lirismo e do seu emprego heterodoxo da sintaxe. (Do artigo Jon Fosse en Galipedia)

Trilogía

Triloxía é un libro diferente. É hipnótico para Jon Fosse, escribir é como rezar e, para o lector, ler Triloxía significa entrar nunha profundidade descoñecida, Fosse cóntanos a historia dunha parella de adolescentes. que vai ter un fillo e que está tentando sobrevivir sen nada nun mundo hostil.
Con esta historia entendemos o que significa a impotencia e tomamos conciencia da mirada desapiadada da sociedade, pero tamén revivimos de xeito exquisito o primeiro amor, a experiencia de comezar a vida. É unha obra emotiva que, dende a escuridade dunha situación extrema, nos ilumina.
Fosse foi comparado con Ibsen ou Beckett. É fácil ver na súa obra a austeridade coa que Ibsen trata as emocións máis esenciais, pero vai máis aló, porque a súa voz ten unha sinxeleza poética feroz».
(Da ficha do libro na Editorial De Conatus).

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website