Vigo, 21 de setembro de 2020

Benqueridas amigas e amigos.
A
piques de entrar en outubro, e contra virus e marés, o Ateneo Atlántico
quere retomar a súa actividade en prol da cultura e a reflexión
compartida na cidade de Vigo.
Os tempos mandan, e toca reinventarse.
Non
vai ser doado, enfrontarémonos a unha actividade que será limitada por
necesidade, e con aforos reducidos, pero tentaremos que polo menos, e
aos pouco, empece de novo a ser .
Neste senso, aí van un par de cuestións relevantes.
  1. Para
    empezar, vista a evolución do coroavirus, os límites na organización de
    actividades, e a reserva económica coa que conta o Ateneo, a Xunta
    Directiva, en sesión celebrada o pasado 14 de setembro, decidiu ampliar a
    todo este ano 2020 a supresión de cotas para toda a afiliación.
  2. En breve realizaremos a presentación dunha pequena revista publicada
    polo Ateneo Atlántico que inclúe todas as achegas á supervivencia do
    Ateneo que vós mesmos fixestes durante as fases máis escuras do
    confinamento (poemas, relatos, haikus, fotos…). Veremos as opcións
    para que a presentación sexa o máis participativa posible. Enviaremos un
    exemplar da revista a todos os afiliados e afiliadas.
  3. Actividades con vida propia -como o club de lectura
    seguen a súa andaina sen novidade.Lembramos que o libro programado para
    comentar en outubro (xa notificaremos lugar, día e hora) é o clásico
    galego Adiós, María, de Xohana Torres.
  4. Nos próximos días recibiredes no voso correo unha pequena enquisa sobre actividades-tipo a organizar polo Ateneo, nas que máis vos apetecería ou veriades viable participar.
    Para
    a Xunta Directiva é importante a participación na enquisa. Por unha
    banda pode darnos unha idea sobre a liña organizativa de actividades nos
    vindeiros meses, e, por outro lado, serviría de termómetro para pulsar a
    saúde de ánimos da nosa afiliación.
    Desde aquí, un primeiro agradecemento a todas as que participaredes que, sabemos, seredes maioría. Grazas de antemán.
  5. Por último, dicirvos que, coma sempre, estamos abertas á máxima participación pola vosa parte.
    Aquí, agora, cremos que é criticamente imprescindible.
    Podedes mandarnos a este correo (ateneoatlantico@gmail.com)
    todas as propostas que consideredes oportunas. De modelos de
    actividade, de temas concretos a tratar, de receitas para animar a
    participación da afiliación, etc.
    Todas serán benvidas e estudadas con agarimo para ver de concretar a súa viabilidade e posta en marcha.
En fin, aquí estamos de novo.
Ou, mellor dito, aquí seguimos todas.
Cos
ánimos intactos para devolver o Ateneo ao punto que estaba en decembro
de 2019. Un punto unanimemente recoñecido e estimado na nosa cidade.
Unha aperta individual para todos e cada unha.
A Xunta Directiva do Ateneo Atlántico.
LogoAteneoCadrado.jpg
Ateneo Atlántico de Vigo



Tel. 696 85 69 47
Rúa Doutor Cadaval 17 baixo (Espazo Cubo)