
cinemAteneo. A muller da montaña
Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, SpainO mércores 8 de maio, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.
O mércores 8 de maio, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.
A Xunta directiva do Ateneo Atlántico de Vigo convoca a Asemblea anual ordinaria correspondente ao ano 2004. Terá lugar o xoves 9 de maio, ás 19.30 horas, na sede social do Ateneo, na rúa Doutor Cadaval 17.
O día 10 de maio remata o prazo de presentación de orixinais para participar na Cuarta Edición do Certame Exeria de Relato curto correspondente ao presente ano 2024. Os escritos, orixinais, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema 'Vigo, aldea de noso'. As bases completas poden consultarse en ateneoatlantico.gal
O mércores 15 de maio, ás 19.30 horas, vémonos na biblioteca da EMAO para falar sobre Mulleres xoranlistas (Elas abriron o camiño). Contamos coa presenza de Luz María Durán, Magis Igesias e Ana Guantes, así como con Irene Bascoy que actuará de moderadora.
Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro presentan con nós o seu último libro, Bestiario en pedra, Animais fabulosos na arte medieval galega (Laiovento, 2024). Será o martes 21 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. O acto será presentado por Anxo Cabada.
Nova entrega de cinemAteneo coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad. Será o día 22 de maio, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO para ver e comentar a súa película Flores tristes.
A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha terceira edición das súas merendolas feministas. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Dado que nas dúas xuntanzas anteriores nos faltou tempo, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o martes 28 de maio, a partir das 19 horas no local do Ateneo.
O día 4 de xuño terá lugar o primeiro Faladoiro do ciclo 'Os mundos científicos de Vigo' que organiza o Ateneo Atlántico en colaboración coa Universidade de Vigo, co título 'A divulgación científica en Galicia'; participa Pablo López, director do xornal GCiencia, que estará acompañado paola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio. O acto terá lugar, como todo o ciclo, no edificio Redeiras, a partir das 19.30 horas.