- This event has passed.
cinemAteneo. A muller da montaña
8 Maio / 19:30 – 21:00
O mércores 8 de maio, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.
A muller da montaña (Kona fer í stríð) é unha película de comedia dramática islandesa-francés-ucraína de 2018 escrita, producida e dirixida por Benedikt Erlingsson e protagonizada por Halldóra Geirharðsdóttir. Halla, directora do coro e activista ecolóxico, planea bloquear unha planta de aluminio de Rio Tinto nas terras altas de Islandia danando intencionadamente torres e cables eléctricos para cortarlle a subministración eléctrica. Un día, apróbase unha solicitude esquecida para adoptar unha nena orfa de Ucraína. Ao mesmo tempo, o goberno intensifica os esforzos policiais e propagandísticos para atrapala e desprestixiala. A película xira arredor dos seus intentos de conciliar o seu perigoso activismo coa súa próxima adopción. (De Wikipedia).
A película e a súa protagonista foron nomeadas ata 9 veces en diferentes festivais de cine, gañando 7 dos premios para os que foi nominadas. Cómpre destacar o seu éxito en Cannes, ou a nominación a mellor película e o premio á mellor actriz, na Seminci de 2018.