Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

cinemAteneo. Flores tristes

22 Maio / 19:00 21:00

Nova entrega de cinemAteneo coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad. Será o día 22 de maio, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO para ver e comentar a súa película Flores tristes.

2024-05-22 Cine FloresTristes
Flores tristes

As últimas fosas comunes abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse o ano pasado no extremo máis occidental do continente, un dos seus finisterres: Galicia, unha rexión autónoma do norte de España. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.
A dictadura de Franco terminou fai máis dun cuarto de siglo, pero as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos, familiares das víctimas do franquismo queren desenterrar a verdade, sepultada en cunetas, montes e tapias de cemiterios dende fai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio.
Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nadas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio.

Ficha técnica
  • Título orixinal: Flores Tristes
  • Xénero: Documental de creación
  • Formato: Alta definición HDV
  • Duración: 90 min / 55 min
  • Lingua orixinal rodaxe: Galego
  • Director: Teo Manuel Abad
  • Produtor Executivo: Teo Manuel Abad
  • Produtores: Teo Manuel Abad, Antonio Varela, Moncho Varela e Fernanda del Nido
  • Produtoras: Formateo (Galicia) Pórtico (Galicia), Tic Tac Producciones (Galicia)
Teo Manuel Abad

Manuel Abad é un dos directores-realizadores cunha traxectoria máis ampla no audiovisual galego. Os seus comezos viñeron da man da fotografía, onde destaca a súa laboura como corresponsal gráfico en diversas revistas, así como as súas exposicións fotográficas (Salas Anue, Os Arcados, Mestre Mateo…)
A mediados dos anos 80 inicia unha sólida traxectoria como videocreador, sendo algunhas das súas obras seleccionadas en festivais nacionais e internacionais; tamén entra a formar parte do primeiro equipo técnico da Televisión de Galicia onde desenvolve unha notable labor innovadora como realizador de numerosos programas de TVG, como por exemplo: Telexornal, A millor TV do mundo, Lendas do mar, Encontros, O mellor, Con perdón. Corazonada, A fala, Mar a mar, Televisión pirata, Luar…
En paralelo, combina a súa vida como profesional na Televisión Gallega, cunha traxectoria experimental como autor independente de Cine (“Contar”), Video (O neno con pernas de pomba”, “La fosa atlantica”), Documentais (“Lendas do mar”, “Amalia”), , Ficción (“Pequeno Hotel”), Docudrama (“A vida Aberta”), Campañas (“Galicia Terra Unica”, “Xacobeo”), Concertos (“Elton Jhon”, “Santana”), Eventos especiais (“A Fala”, “Luar da Solidariedade”) e un longo etcétera
O seu longo percorrido viuse recompensado en diversas ocasións con galardones e premios como: Seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para os seus “Visionarios Españoles”, na Bienal da Imagen en Movemento (pola súa obra “365”). Premio no Festival Internacional de Video de Madrid e obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea (con “Prologo”), Selección para a Expo-92 (con “Hardo”) e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastian (con “Denantes”).

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map