Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Convocatoria Exeria 2024

10 Maio / 00:00

O día 10 de maio remata o prazo de presentación de orixinais para participar na Cuarta Edición do Certame Exeria de Relato curto correspondente ao presente ano 2024. Os escritos, orixinais, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo, aldea de noso’. A continuación presentamos as bases desta convocatoria.

2024-05-25 ConvocatoriaExeria2024

BASES CERTAME EXERIA DE RELATO CURTO 2024

  • 1. O Premio Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación XoánPiñeiro abre o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 10 de maio.
  • 2. Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega.
  • 3. O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos os espazos e o título.
  • 4. O tema versará sobre “Vigo, aldea de noso”.
  • 5. Estableceranse dous premios suxeitos ás correspondentes retencións fiscais.
    • Primeiro premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.
    • Accésit: 500 euros.
  • 6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico exeria@ateneoatlantico.gal
    • No asunto do correo figurará Certame Exeria 2024
  • 7. Adxuntaranse dous documentos:
    • O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación.
    • O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor ou autora e o número do seu teléfono.)
    • As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
  • 8. O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado ademais polos dous gañadores do Premio Exeria 2023, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sin voto.
  • 9. O ditame do xurado e a entrega dos premios terá lugar na primeira semana do mes de xuño.
  • 10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso dos gañadores de ser parte do xurado do certame do próximo ano.
  • Convocan: Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro.
  • Patrocinan: Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.