Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Mulleres xornalistas

15 Maio / 19:30 21:00

O mércores 15 de maio, ás 19.30 horas, vémonos na biblioteca da EMAO para falar sobre Mulleres xoranlistas (Elas abriron o camiño). Contamos coa presenza de Luz María Durán, Magis Igesias e Ana Guantes, así como con Irene Bascoy que actuará de moderadora.

2024-05-15-Mulleres Xornalistas

Conmemorando o Día internacional pola liberdade de imprensa (3 de maio), a sección de Feminismo do Ateneo Atlántico de Vigo, que preside Luisa Abad e coordinada por Amada Traba, organiza unha mesa redonda o mércores 15 na EMAO con Magis Iglesias, Ana Guantes e Luz M Durán, todas elas xornalistas viguesas pioneiras e con moita proxección en numerosos medios, que conducirá a nosa querida colega, Irene Bascoy, subdirectora de Faro de Vigo. Unha paxariña díxonos que entre o público estará a máis veterana e mestra de mestras, Carmen Parada.

NON VOLO PERDADES!

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map