
Club de lectura. Abril
Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, SpainO libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza o 3 de maio) á Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.
O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza o 3 de maio) á Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.
O Ateneo Atlántico, en colaboración co Club da Prensa de Ferrol, organiza a presentación en Vigo do libro Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos, do que autor o xornalista Germán Castro Tomé. O acto terá lugar o xoves 4 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.
Cinemateneo presenta a película de Ken Loach Land and Freedom (Terra e Liberdade). Será o mércores 10 de maio de 2023, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.
O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Agrupación Amiga do Marco presenta a charla-coloquio Construíndo Babel, o teatro da memoria, con Hilario J. Rodríguez con Avelina Rodríguez e Román Raña. Será o sábado 13 de maio de 2023, ás 19 horas, no salón de actos do MARCO.
Nova entrega da actividade Unha peli con...
Neste caso, Emilio Fernández Zunzunegui presenta e comenta unha das súas películas preferidas: Léolo de Jean-Claude Lauzon. A proxección terá lugar o mércores 24 de maio, ás 19.45 horas, no noso local da rúa Doutor Cadaval.
O Ateneo Atlántico, cona fundación Xoán Piñeiro e o Instituto de Estudos Vigueses organiza o primeiro roteiro dun ciclo de saídas para coñecer a esculura pública da cidade de Vigo. O xoves 25 de maio será arredor da praza de América. Inscrición previa.
O Ateneo Atlántico organiza a súa saída de primavera, nesta ocasión, Polos camiños de Rosalía. Terá lugar o sábado 27 de maio, entre as 9 e as 21 horas. O prezo será de 50€ para as persoas asociadas e de 60€ para os que non socios. A solicitude de participación haberá que realizala mandando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal
Nesta actividade, De aquelas loitas, estes dereitos: claves do movemento feminista, Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade. O acto terá lugar o martes 30 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da Emao.