Club de lectura. Marzo

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de lectura para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 5 de abril), é O muiñeiro ouveador, do escritor finlandés Arto Paasilinna.

Asembleas anuais

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 13 de abril ás 20 horas, no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2023. Convoca, tamén, e a continuación, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva.

Sobre o poético e o político en José Saramago

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Dentro da programación de actos para conmemorar o centenario de José Saramago, o Ateneo Atlántico presenta a charla Sobre o poético e o político en José Saramago, da man de Burghard Baltrusch. Será o martes 18 de abril, ás 19.30 horas, no local do Ateneo (rúa Doutor Cadaval)

Presentación libro. Carlos L. Bernárdez

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico prácese en presentar Unha historia da arte galega, o novo libro do noso compañeiro Carlos L.Bernárdez. O acto terá lugar o martes 19 de abril, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. O autor estará acompañado por José Luís Mateo.

Municipalismo e Federalismo

O próximo 20 de abril, xoves, ás 19.30 horas terá lugar o acto que titulamos Municipalismo e Federalismo. Nel conversarán, man a man, Ramón Máiz e o ex-ministro Fran Caamaño. Terá lugar na Casa Galega da Cultura.. Ramón Máiz é catedrático de Ciencia Política na Universidad de Santiago de Compostela.Publicou recentemente en revistas como Regional...

Homenaxe a Xosé Manuel Beiras

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 25 de abril o Ateneo Atlántico rende homenaxe a Xosé Manuel Beiras. O acto terá lugar ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. A asistencia será aberta previa solicitude por correo electrónico (ateneo@ateneoatlantico.gal) e a correspondente confirmación por parte da organización.

Unha peli con… Orisel Gaspar

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O xoves 26 de abril temos unha nova sesión de "Unha película con...". Neste caso contamos coa actriz cubana Orisel Gaspar, protagonista da película que nos presenta: Siete días siete noches, do director Joel Cano. O acto terá lugar ás 19.30 horas no local do Ateneo Atlántico.

Verbas pola igualdade

Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo Eduardo Chao 17, Vigo, Galicia, Spain

O Colectivo PoeticAlbedrío, en colaboración co Ateno Atlántico e a Deputación provincial de Pontevedra presenta a intervención poético musical Verbas pola igualdade. O acto, no que participan diferentes poetas por parte do colectivo así como artistas invitadas, terá lugar o sábado 29 de abril ás 18.30 horas na sala Rosalía de Castro, no edificio da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo.