Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Saída de primavera. Rosalía

27 Maio 2023 / 09:00 21:00

O Ateneo Atlántico organiza a súa saída de primavera, nesta ocasión, Polos camiños de Rosalía. Terá lugar o sábado 27 de maio, entre as 9 e as 21 horas. O prezo será de 50€ para as persoas asociadas e de 60€ para as que non son socias. A solicitude de participación haberá que realizala mandando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal

2023-05-27 SaídaRosalía

Nesta ocasión facemos unha viaxe pegada a unha etapa literaria como é a do Rexurdimento pero trataremos de achegarnos a distintas etapas literarias da nosa historia noutras ocasións.

Fogar do Santiso

Fervenzas e muíños do Barosa

Ouh miña parra de alvariñas uvas
Que a tua sombra me das.
Entre mirtos, buxos, castaños de indias
E loureiros, limoeiros e laranxos,
Que o verde musgo sombrean.
Programa

Saímos da rúa Areal, 46 coma sempre as 9 da mañá para estar en Padrón arredor das 10 no monumento a nosa poeta que fica no Espolón. Alí nos espera o escritor e historiador da arte Manuel Lourenzo Baleirón que será o noso guía.
Percorreremos ao longo de 3 Km moi faciliños de andar os escenarios vitais de Rosalía: casa onde se criou, cemiterio onde se enterra á súa familia, a casa grande de Arretén e finalmente a casa da Matanza , hoxe casa museo onde nos agarda algunha sorpresa. Tempo aproximado 3 horas.
A continuación xantaremos un menú variado no Fogar do Santiso, espazo gastronómico no rural de Teo xermolo dos 6 restaurantes que existen hoxe cunha filosofía de por en valor os produtos das hortas e granxas propias, unha mostra de consumo natural e de proximidade.
Pola tarde faremos unha parada relaxante ao pe da Fervenza do Barosa en Barro, espazo natural con cafetería e, para os que se animen, unha ruta moi curta ao longo de varios muíños río arriba en perfecto estado.
Para rematar, a pouquiños kilómetros visitaremos a adega Moraima e faremos unha degustación de albariños e caíño tinto.
Contamos estar de volta en Vigo arredor das 21 horas.
O prezo para persoas asociadas é de 50 euros e para non socias 60.

Proceso para a inscrición

O prazo para inscribirse vai dende o luns 15 ata o venres 19 de maio ás 20 horas.

O primeiro paso é enviar un correo ao enderezo: actividades@ateneoatlantico.gal indicando nome, apelidos DNI e número de socio (estes datos son imprescindibles para o seguro de viaxe xa que se fai a través dunha axencia, e serán utilizados exclusivamente para a xestión da actividade de acordo coa lei de protección de datos). Terán prioridade as persoas socias e as súas acompañantes aínda que non sexan socias, débese especificar este feito. Contestaremos a ese correo confirmando a inscrición.

A continuación farase un ingreso na conta do Banco Santander:
ES54 0075 8918 4606 0029 0234
Indicando REF: 1-49945 + nome da persoa pasaxeira.
E enviar copia dese pago ao whatsapp 986432000, ou o mail airbusgrupos@gmail.com

Se alguén prefire pagar ao contado pode achegarse en horas de ofician a Viajes Airbus, C/Rosalia de Castro, 28 Oficina 9.

pdf sobre a ruta rosaliana