Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro: Germán Castro

4 Maio 2023 / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico, en colaboración co Club da Prensa de Ferrol, organiza a presentación en Vigo do libro Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos, do que autor o xornalista Germán Castro Tomé. O acto terá lugar o xoves 4 de maio, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.

2023-05-04 PresentaLibro Ángeles Alvarinho

O libro, sen orillar a súa vertente máis científica, trata de achegarse á imaxe máis humana de Ángeles Alvariño, a eminente oceanógrafa ferrolá. Partindo da documentación epistolar xerada nos anos noventa, o autor constrúe un relato ameno e moi ilustrativo da man de Ángeles Leira Alvariño e María José Leira Ambrós, filla e sobriña, respectivamente, da protagonista do libro.
Salpimentado con algúns datos inéditos e opinións de terceiras persoas, así como aspectos extraídos dos xornais antigos, xunto cun pródigo álbum fotobiográfico, o libro arrinca cun limiar da Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto.
O autor busca, en todo momento, reivindicar a visibilidade da muller no campo da ciencia.

Germán Castro, Man, é xornalista e Presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol.
No acto estará acompañado por Rosa Figueroa (vicedirectora do Centro Oceanográfico no que traballou como funcionaria Ángles Alvariño), Alberto González Garcés (ex-director da mesma institución i experto que coñeceu e tratou á científica ferrolá), María José Leira (bióloga e sobriña de Ángeles Alvariño) e Xulia Díaz Sixto (presidenta do Club de Prensa de Ferrol).

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map