Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Roteiro Entre esculturas

25 Maio 2023 / 19:30 21:00

Entre esculturas é unha iniciativa do Ateneo Atlántico, a Fundación Xoán Piñeiro e o Instituto de Estudos Vigueses que ten como obxectivo recoñecer e reflexionar sobre a escultura pública da cidade. Comezamos cun primeiro roteiro que partirá da Praza de Xoán Piñeiro, pasará pola Praza da Independencia e rematará na Praza de América.
Acompañarannos Cuqui Piñeiro, Jose Luis Mateo e Mercedes Bangueses. Como broche final, na Porta do Atlántico intervirá o seu autor Silverio Rivas.
Será o próximo xoves, día 25 de naui ás 19,30 h desde a praza de Xoan Piñeiro.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no formulario que estará a súa disposición en
www.ateneoatlantico.gal

ENLACE AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
2023-05-25 RoteiroEntreEsculturas
Cuqui Piñeiro

Estudiou Historia da Arte Moderna e Contemporánea. En 1991 decidiu recuperar o obradoiro do seu pai en Goián, o artista Xoán Piñeiro, e especializarse na técnica de fundición en bronce á cera perdida para a
escultura. Montou unha empresa como fundición profesional que hoxe é un referente para o traballo cos artistas e obra pública repartida por toda Galicia e distintas ciudades de Ëspaña e Portugal . Alí naceu a súa paixón pola escultura primeiramente de pequeno formato e mesmo facendo obra pública propia en A Guarda, Pontevedra ou Lugo.

Mercedes Bangueses

Doutora en Historia da Arte e membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses. Realiza traballos de investigación sobre a escukltura pública que está recollida en libros como “Escultor Silvino Silva” ou “Catalogo de bustos monumentos conmemorativos e placas de Vigo”.

José Luis Mateo Álvarez

Licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea (Universidade de Santiago) e Máster de edición (Universidade de Vigo). Membro do Instituto de Estudios Vigueses desde o ano 2016, desenvolveu traballos de investigación etnográfica, histórica e artística, ademais de exercer como comisario de exposicións de temática local.
Colaborador do “Faro da Cultura” do Faro de Vigo, autor de publicacións como Etnografía. Catálogos do Patrimonio 1 (1996), A Escola de Artes e Oficios. 130 anos de historia de Vigo, parte 1. 1888-1976 (2021) ou A Sociedade de Amigos da Arte. Unha década de actividade cultural, 1931-1941 (2022).

Silverio Rivas Alonso

Escultor galego con obradoiro en San Xoán de Páramos, Tui. Comenzou a traballar no taller de ebanistería do seu pai . Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Traballou no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira. En Madrid estivo con Paco Barón e ingresou na Escola de Artes e Oficios. Asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes, e en Sargadelos, o que lle levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica dende 1980.
Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e con un traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un constructivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e espazo intrínseco e cambiable.
Rivas está presente coa súa obra en numerosos museos como o Municipal Quiñones de León de Vigo, a Colección Afundación, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Parlamento de Galicia, etc., así como en multitude espazos públicos en varias ciudades de Galicia.